jueves, 27 de octubre de 2011

A QUE XOGABAN OS NOSOS PAIS E AVÓS

        Meu pai antes xogaba ás bólas, ao fútbol, ao pincho, ao brilé, ás agachadas e a pita. Meu avó antes xogaba á billarda, á rá, ás bólas, ás agachadas, a pita e a chave. O meu pai non se acordaba moi ben como se xogaba ao pincho e non lle puiden preguntar como se xogaba á billarda e á rá. Entón, vouvos explicar como se xoga á chave porque xa xoguei.
 
A CHAVE: a Chave é un ferro algo gordo que ten dúas aspas que se moven. Unha é grande e a outra é pequena. Se xoga coas pellas, que son uns circulos algo gordos de ferro. Só poden xogar dous xogadores. Desde unha distancia o primeiro xogador tira unha pella ao ferro e, depenendo de onde lle dea, gaña máis puntos ou menos. Ten tres pellas que son tres tiros. E gaña quen teña máis puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.